VICTOR

AGAEXAR, ANEFA E A AECT DA EURORREXIÓN GALICIA-NORTE DE PORTUGAL APOSTAN POLA COOPERACIÓN NO SECTOR DA XARDINERÍA

AGAEXAR, ANEFA E A AECT ASINAN UN PROTOCOLO DE TRABALLO CONXUNTO, COINCIDINDO COA CELEBRACIÓN DAS PRIMEIRAS XORNADAS DE XARDINERÍA ORGANIZADA POLAS TRES ENTIDADES.

A Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT) organizou o 23 de novembro, en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Xardinaría de Galicia (AGAEXAR) e a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente de Portugal (ANEFA), a Xornada “Xardinaría sustentable” no Auditorio da Biblioteca Almeida Garrett do Porto. As tres institucións involucradas nesta acción, aproveitaron a Xornada ademais para asinar un protocolo de cooperación conxunta.

MARCO

No encontro debatéronse temas de importante relevo para o sector da xardinaría como: Guidelines para a construción e xestión de espazos verdes sustentables; Criterios ecolóxicos no mantemento de espazos públicos; As especies invasoras en espazos verdes públicos; Os Herbicidas e as solucións alternativas; Os servizos ecosistémicos da arborización urbana; As Podas rurais en espazos públicos. Avaliación de risco.

Alén diso, os preto de 120 participantes tiveron a oportunidade de efectuar unha visita guiada ós Xardíns do Palacio de Cristal.

CRISTAL

Tanto a AECT como AGAEXAR e ANEFA continuarán mantendo colaboracións en base ó protocolo asinado, polo que proximamente espéranse poder anunciar novas actuacións relacionadas co sector.

Mais información en: info@agaexar.gal e gnpaect@gnpaect.eu

Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *