Agaexar, Anefa e a Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal (AECT) continúan apostando pola cooperación no sector da xardinería

A Eurorexión Galicia-Norte de Portugal (AECT) organizará xunto coa Asociación Galega de Empresas de Xardinería (Agaexar) e a Associação Nacional de Empresas Florestais, Agrícolas e do Ambiente (ANEFA) de Portugal, as “II Xornadas de Xardinería Galaico-Portuguesas – Paredes Verticais e Cubertas Axardinadas”, en Allariz (Ourense), o próximo mes de outubro deste ano 2018.
As tres institucións involucradas nesta acción asinaron un protocolo de cooperación conxunta e esta xornada representa un exemplo de boas prácticas do que o sector pretende conseguir no futuro.
Próximamente enviaremos o programa deste evento, que contará tamén cunha visita ao Festival Internacional de Xardíns de Allariz.
Esta acción é financiada polo INTERREG VA España-Portugal.

Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *