triptico_Invasoras_2017-001

Curso: Iniciación en xestión e control de flora exótica invasora.

Difundimos información do curso INICIACIÓN EN XESTIÓN E CONTROL DE FLORA EXÓTICA INVASORA, que terá lugar no Salón de Actos CERSIA Empresa (Alcalde Raimundo López Pol, s/n, San Lázaro) en Santiago de Compostela os días 25, 26, 30 e 31 de outubro de 2017.

  1. Obxectivos:

Formar persoal técnico relacionado coa xestión de montes, do medio rural, de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza, no referido ao coñecemento dos procesos de invasión de flora exótica e a súa problemática ambiental e económica.

Sensibilizar acerca da existencia e das características das invasións biolóxicas no seu papel como factor de degradación ambiental de primeira orde contribuír a frear a perda de biodiversidade local e global (obxectivo da Unión Europea para 2020) a través do coñecemento e da correcta xestión desta problemática ambiental.

  1. Destinatarios:

1º. Persoal técnico das administracións local, autonómica e estatal con competencias na xestión de montes, do medio rural de parques e xardíns, de obras públicas e de conservación da natureza.

2º. Profesionais que realicen os seus traballos nos ámbitos forestal, do medio rural, da xardinaría, das obras públicas e da conservación na natureza.

3º. Estudantes de universidade en titulacións relacionadas con aspectos citados.

4º. Persoas interesadas na conservación da natureza e as plantas exóticas.

 

  1. Desenvolvemento: Modalidade presencial.

Duración: 24 horas.

Edicións: unha.

Lugar: Santiago de Compostela: local Cersia Empresa. Rúa do Alcalde Raimundo López Pol.

Datas: días 25 (10.00-14.00 horas), 26 (9.00-13.00 e 15.00-19.00 horas), 30 (9.00-13.00 e 15.00-19.00 horas) e 31 (10.00-14.00 horas) de outubro de 2017. As sesións de tarde serán de prácticas de campo.

A proba de avaliación consistirá na realización dun proxecto de xestión.

Prazas: 25.

 

  1. Contido:

1º. Introdución á problemática global das invasións biolóxicas:

2º. Situación actual en Galicia:

3º. Identificación e características das principais especies de flora invasora en Galicia:

4º. Estratexias de xestión:

5º. Implicacións na xestión cotián e de proxectos:

 

Solicitudes e prazos

  1. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
  2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

Pagamento de matrícula: O importe da matrícula é de douscentos corenta euros (240 €) para persoas colexiadas no Colexio Oficial de Biólogos, empregados/as públicos/as de carácter técnico das administracións local, autonómica e estatal e estudantes do grao en Bioloxía, que terán que acreditar documentalmente a condición, e trescentos vinte euros (320 €) para persoas non colexiadas e con outras situacións laborais e outras titulacións. Farase unha transferencia bancaria polo importe correspondente á conta do Colexio Oficial de Biólogos ES93 2080 3114 1130 4000 7428 (Abanca) e enviarase o xustificante da operación a cursos@biologosdegalicia.org.

Máis información: info@biologosdegalicia.orghttp://egap.xunta.gal

triptico_Invasoras_2017-002

 

Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *