mostra

Mostra de cultivos do Baixo Miño 2018 – 2, 3 e 4 de marzo

Un ano máis, a Mostra de cultivos do Baixo Miño terá lugar os días 2, 3 e 4 de marzo, en Tomiño. Esta Mostra concíbese como un escaparate dos productores de planta ornamental de esta rica comarca, onde se exhiben as producción e as novedades que se van presentando en planta ornamental. En esta edición, Agaexar tamén estará presenta con un espacio onde se facilite información de Agaexar e das empresas asociadas. Presentaremos xunto con Acubam a primeira edición dos premios Xardín Galego, premios que teñen por obxeto recoñecer e difundir actuacións exemplares na execución de traballos de xardinería pública e privada realizados en Galicia e rematados no ano 2018.

Programa:

Venres, 2 de marzo

  • 09:30h – Apertura
  • 11:30h-12:30h – MESA TÉCNICA:  SANIDADE VEXETAL, A IMPORTANCIA DA DIAGNOSE E A DEFINICIÓN DOS PROTOCOLOS DE ACTUACIÓN NA LOITA CONTRA AS PLAGAS (CASO XYLELLA). Abordarase de xeito xeral a necesidade de traballar pola mellora da sanidade vexetal e, en concreto, abordarase a problemática coa Xylella. PARTICIPANTES: – Antón Vázquez (Inspector de Sanidade Vexetal) – Adela Abelleira Argibay (Xefa Unidade Virus, Bacterias e Nemátodos, Estación Fitopatolóxica  Areeiro)
  • 16:00h-17:00h – MESA TÉCNICA MODELO DE NEGOCIO NO AGRO. Profundizarase na necesidade de potenciar a profesionalización do sector, a través da mellora das competencias y capacidades dos xerentes das empresas, desde diferentes perspectivas da realidade do sector. PARTICIPANTES: – Olalla Mera Cuevas, Directora Delegación ADECCO: “A necesidade da profesionalización na xestión do negocio agrario” – Higinio Mougán, Xerente AGACA. “O cooperativismo no Agro” – Empresas do sector
  • 17:00h-18:00h – PRESENTACIÓN PREMIOS XARDINERÍA AGAEXAR-ACUBAM. Comunicarase dende ACUBAM e AGAEXAR a apertura da convocatoria de PREMIOS XARDINERÏA 2018, e as bases para a súa participación.
  • 20:00h – Peche

Sábado, 3 de marzo

  • 09:30h – Apertura
  • 12:00h – Inauguración. PARTICIPANTES: – Patricia Rodríguez, Presidenta ACUBAM – Consellería Medio Rural – Deputación de Pontevedra – Sandra González, Alcaldesa de Tomiño
  • 16:30h-18:30h – XORNADA TÉCNICA “A AGUA NO RURAL” COXAPO, (CENTRO MULTIUSOS DE GOIÁN, AUDITORIO). Xornada técnica impartida por COXAPO na que se divulgará ás comunidades de usuarios, as necesidades dunha óptima xestión da auga, especialmente relevante cando o seu uso está ligado ao desenvolvemento do  sector agro. Temas específicos coma os plans hidrolóxicos e as regulacións recollidas nos plans de seca, a garantía sanitaria do recurso ou o problema do Radón en Galicia, serán abordados, entre outros, nesta Xornada.
  • 16:00h-17:30h – TALLER EMPREGABILIDADE. Taller dinámico e participativo orientado á poboación local có fin de ofrecer unha visión do sector agrario na comarca do Baixo Miño como unha oportunidade de desenvolvemento de carreiras profesionais.
  • 18:00h- 19:30h –  TALLER XARDINERÍA ECOLÓXICA. A Fundación Sales e a Asociación Española de Jardinería Ecológica, AEJE, porán en marcha un taller divulgativo e didáctico de Xardinería Ecolóxica, dirixido a poboación de todas as idades, cuxo fin é, a través da experimentación e da práctica, que se coñezan e entendan as vantaxes que ten a xardinería ecolóxica como proceso verde, fronte a outras solucións convencionais.
  • 20:00h – Peche

Domingo, 4 de marzo

  • 11:00h – Apertura
  • 11:00h- 19:00h – VENTA PRODUTOS SAN XEROME. Nesta 15ª Edición da Mostra, ACUBAM quere achegarse máis á sociedade do seu entorno e, en concreto, aos colectivos sociais especialmente desfavorecidos. Así, no marco da Responsabilidade Social da Asociación, tómase contacto co Centro de Educación Especial San Xerome (A Garda), acordando un punto de venda de produtos que ceda cada un dos expositores, durante a xornada do domingo. Dito punto de venda será atendido por alumnos deste Centro e os beneficios irán destinados na súa totalidade ao proxeto de Reforma dunha Bañeira Terapéutica desta entidade.
  • 11:00h- 18:00h – TALLER LÚDICO “ O AGRO NO BAIXO MIÑO”. A Granxa Escola de Tomiño, Corazón de Carballo, deseña un programa lúdico dirixido á poboación en xeral no que, integrando talleres ecolóxicos, probas físicas diferentes, talleres de reciclaxe e xogos tradicionais, a través do fío condutor do agro, esperten a curiosidade entre os asistentes por este sector de impacto tal na comarca do Baixo Miño.
  • 18:00h-19:00h – CONCERTO ROCK PERCUSIÓN SAN XEROME O grupo de Rock Percusión, integrado por alumnos do Centro San Xerome, ofrecerá un concerto integrado por diferentes pezas musicais deste xénero, interpretadas en directo.
  • 20:00h – Peche

Ademáis, Terán presencia na Mostra unha Exposición fotográfica sobre a “Historia do agro no Baixo Miño”, a III Edición Acubam Innovación, e unha Exposición de Arte Colectivo Somosarte.

Máis información en http://www.acubam.org/

 

Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *