portada 9

Publicación do novo número da revista Xardín Galego

Dende Agaexar dámosvos a benvida ao nº 9 da revista Xardín Galego.

Neste número, destaca o artigo realizado por Lois Arenas, director do CFEA Guisamo, sobre As fases de desenvolvemento natural da árbore de Pierre Raimbault e a súa relación coa poda. Tamén destacan outros artigos, como o de Francisco Marco, sobre Alternativas o uso de herbicidas; o de Eva Barcala sobre o Paseo dos Olivos do Pazo de Santa Cruz de Rivadulla; Como facer un xardín vertical acuapónico, redactado por Singular Green; Hellen Dillon a reina da xardinería, realizado por Paisajismo Digital; ou Pradeiras de flores silvestres, realizado por Javier Soto.

Nesta ocasión, a empresa entrevistada e Cerne Arboricultura, de Cotobade, empresa especializada en poda en altura. A revista está repleta de artigos de interese e de información actualizada de Agaexar.

Ademais, poderedes atopar información relativa a cursos de formación, feiras, eventos, noticias de actualidade que se están producindo no noso sector e información de provedores de materiais e maquinaria de xardinería.

Na última sección da revista publícanse os asociados de recente incorporación, e na última páxina figuran os logos de todas as empresas asociadas.
Disfrutade da revista!!

Versión pasapáxinas

Versión pdf
Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *