curso verano

XARDINERÍA E PAISAXISMO EN GALICIA: RECURSOS E NOVOS ENFOQUES

Difundimos a celebración do curso “Xardinería e paisaxismo en Galicia: recursos e novos enfoques”, que terá lugar entre os días 16 e 19 de xullo, cunha duración de 29 horas lectivas. Terá lugar no Centro de Interpretación dos Parques e Xardíns – Parque de Belvís (Santiago de Compostela).

O obxectivo deste curso é coñecer os aspectos de maior relevancia no eido da xardinería en Galicia, orientado cara o paisaxismo, a conservación e o cambio climático. No percurso, introdúcese a xardinería a través da súa historia, o coñecemento dos principais recursos en materia de xardíns de Galicia e a toma de conciencia da importancia e os beneficios destas infraestruturas verdes en relación coa conservación da biodiversidade, da paisaxe e da calidade de vida.

Prazas limitadas, e matrícula ata o día 6 de xullo.

Máis información: http://www.usc.es/gl/servizos/cultura/veran

Programa do curso: http://www.usc.es/export9/sites/webinstitucional/gl/servizos/cultura/veran/descargas2018/14.pdf

 

Compártelo:
facebooktwittergoogle_pluspinterestlinkedinmail

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *